alpendre Administrador

Registrado: 13 Dic 2005 Mensajes: 13 Ubicación: Barrio do Teso
|
Publicado: Mie Ene 11, 2006 6:46 pm Asunto: Benvidos |
|
|
Benvidos ó foro oficial da Asociación Xuvenil Alpendre, no que atoparedes toda a información sobra a asociación. Nel tamen poderedes falar de temas de actualidade, suxerencias, actividades e cousas relacionadas tanto do noso pobo como do Alpendre.
A Asociación Xuvenil Alpendre nace a finais do ano 2005 co fin de reunir a xuventude da Puebla o redor dun obxectivo común: revitalizalo pobo a través de actividades que dinamicen a nosa veciñanza e poder mellorar a oferta de lecer tanto da xente nova coma dos demais.
O primeiro paso que deu a Asociación foi rehabilitar o que hoxe é o noso local social ("Alpendre"). As obras duraron 2 meses, rematándose estas para a celebración do Nadal. O local social está acondicionado dunha maneira acolledora e xuvenil, buscando a comodidade e a funcionalidade. Non podemos esquecernos da xente que nos apoiou cedendo desinteresadamente mobiliario e diversos materiais de obra.
A Asociación Xuvenil Alpendre ten as seguintes directrices:
1º O Alpendre é apolítico, o que quere dicir que non terá un pensamento político oficial. O pensamento político dos seus integrantes non se verá recollido pola Asociación.
2º O Alpendre está a disposición das forzas vivas do pobo. Poderán contar co apoio da Asociación sempre que sexa beneficioso para a veciñanza.
3º Ningún integrante poderá falar en nome da Asociación mentres non teña o apoio necesario dos integrantes dela.
4º O pobo está invitado a participar nas actividades do Alpendre, a cooperar e traballar polos seus obxextivos. As persoas que teñan unha conducta indigna e increpen a Asociación ou os seus integrantes serán vetados.
A primeira Asociación Xuvenil no noso pobo bota a andar, de todos nós depende que nunca pare...
"Hai que camiñar cara adiante ainda que o camiño vaia cara atrás"
.
Rexistrate: http://www.creatuforo.com/profile.php?mode=register&mforum=alpendre _________________ -Asociación Xuvenil Alpendre- |
|