Asociacion Xuvenil Alpendre Asociacion Xuvenil Alpendre
Lugar para a diversion da xuventude da Puebla
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
Isaac Díaz Pardo

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
alpendre
Administrador


Registrado: 13 Dic 2005
Mensajes: 13
Ubicación: Barrio do Teso



MensajePublicado: Vie Ago 25, 2006 10:54 pm    Asunto: Isaac Díaz Pardo Responder citando

Unha campaña en internet, a través da web FirmasOnline.com, pide sinaturas de apoio ao intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo, despois de coñecerse a decisión do consello de administración de Cerámicas de Sargadelos de destituílo.

A xunta de accionistas de Sargadelos celebrou unha asamblea de accionistas que acordou a saída de Isaac Díaz Pardo e dos seus fillos Camilo e Xosé Díaz, ata agora administradores do grupo empresarial.

As Cerámicas do Castro e Sargadelos, un referente fundamental da nosa cultura e identidade do noso pobo, atópase en perigo. A súa alma mater, o seu fundador, a sua identidade e o noso intelectual xa non está ó frente deste complexo polo desexo capitalista de algúns indocumentados. Tódolos galegos debemos impedir esa "xubilación"

ASINA EN APOIO A ISAAC DIAZ PARDO: http://mestreisaac.aduaneirossemfronteiras.org/

Mentras nós estabamos ocupados na imaxe das empresas, o Sr. Sineiro, foi modificando unha das sociedades de servicios como é o Grupo Técnico e organizador da Cerámica de Sargadelos, convertendoa nunha sociedade puramente mercantil, até prescindindo da miña presidencia que me corresponde por presidente de Sargadelos, todo elo mediante firmas falsas e outras que se estamparan sen enterarse a que respondían, fiados en que os conceptos serían honestos.
Isaac Díaz Pardo, 29/06/2006


Ultima edición por alpendre el Vie Ago 25, 2006 11:08 pm, editado 1 vez
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
condeverbenas
Administrador


Registrado: 13 Dic 2005
Mensajes: 503
Ubicación: Sabarei



MensajePublicado: Vie Ago 25, 2006 11:12 pm    Asunto: Responder citando

Un "fracasado", así adoita definirse Isaac Díaz Pardo cada vez que alguén enumera a súa longa traxectoria artística e empresarial. Son 86 anos tecidos con pincel de soños, con argamasa dun galeguismo fondo e coa ilusión de quen sabe que na verdade e na liberdade reside o único mérito que nos ha salvar do esquezo. Agora Díaz Pardo vén de ser afastado en contra da súa vontade do control do Grupo Sargadelos. Pois ben, Sargadelos é moito máis ca unha empresa. E identidade, son soños forxados nos que moitos galegos nos sentimos identificados. Porque Sargadelos recolle a memoria histórica, a do azul cobalto do marqués, pero tamén o azul do Mar da Prata, o do exilio e o da emigración. Sargadelos ten a forza de quen non se deixou calar polos asasinos das ideas libres. O seu éxito non reside exclusivamente na súa cerámica. Porén, baséase no lume arrequecido por moitas persoas conscientes de que tras ese nome existe un proxecto, existe unha vontade de existir. De sermos país. Moitos sentimos o orgullo de Sargadelos como propio porque, no fondo, é a nosa pel da quen saen as formas que nos representan. Por iso ­ai daqueles que queiran roubarlle a Sargadelos a alma! Isaac Díaz Pardo é a memoria viva da emigración e do exilio, tamén da barbarie da guerra e da ilusión de renacermos, como ave fénix, das cinzas da guerra civil e da anulación máis perversa. Sen os seus "fracasos" sería difícil entender unha empresa que simboliza o país moderno que desexamos e no que Díaz Pardo é unha indubidable referencia ética e estética. Porque moitos de nós non somos só compradores de cerámica de Sargadelos, somos persoas que investimos no noso patrimonio cultural. E así queremos seguir séndoo.
Rosa Aneiros -El Progreo- 05/07/2006

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idNoticia=59805
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado Visitar sitio web del autor MSN Messenger
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Discusión Xeral Todas las horas son GMT + 1 Hora
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
Puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro


Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group

¿Quieres crear un foro gratis como este? foro gratis